O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reeditou hoxe o compromiso da Xunta cunha industria galega versátil, que diversifica, inviste en innovación e que internacionaliza e exporta.
https://www.youtube.com/watch?v=TGHshSZjU-M
Como proba disto, e durante unha visita ás instalacións de Urovesa, Feijóo referiuse ao rexistro de exportacións destes últimos cinco anos: cando Galicia supera, en 2017, a barreira dos 21.000 millóns de euros; e segue sumando cifras récord ata setembro crecendo o dobre que o conxunto do Estado. E, recordou que o INE ratificou este mesmo mes que o pasado ano, o gasto en I+D na Comunidade medrou máis dun 13 %, acadando case os 571 millóns de euros;