O pleno de Lousame aprobou esta mañá os Orzamentos Municipais para 2019, que ascenden a 3.815.976,89 euros, contemplan unha partida de investimentos de 1.400.267,21 euros, un incremento do 24% no gasto en servizos municipais e unha débeda bancaria cero.
https://www.youtube.com/watch?v=Xb51jPVUfjE
Unhas contas que foron aprobadas cos 6 votos a favor do Grupo de Goberno e as 4 abstencións de PSOE e BNG, xa que o partido da Terra non asistiu á sesión.