Porto do Son acollerá o vindeiro sábado o Trofeo Concello Orientación Bicicleta de Montaña que se disputará ás 10.30 horas e que é puntuable para a III Liga Galega.
O técnico de deportes Luís Otero e o presidente da Asociación Deportiva e Cultural Arnela, Ramón Fernández, foron os encargados de presentar a primeira proba que se realiza deste tipo na comarca do barbanza.
Os interesados aínda están a tempo de inscribirse. Poderán enviar as súas solicitudes ata as 22.00 horas de hoxe. Polo de agora xa contan con 60 inscritos pero aseguran que a cifra vai rondar os 100.
As distancias na categoría máis pequena, para rapaces de entre 10 e 16 anos é de 8 km. Os maiores terán que enfrontarse a un circuito máis longo que trazado en liña recta se aproxima aos 15 pero que Ramón Fernández, asegura, contará cuns 26 km como mínimo e un desnivel positivo de 1000 m.
O prezo de inscrición para os federados é de 4 euros. Os que non o están terán que abonar un total de 6 euros para iniciación curta e 8 para iniciación longa.