O XUREL volve ser o substituto da sardiña e 160 fogueiras iluminarán o CONCELLO DE RIBEIRA

A escasas horas de dar comezo a festividade de San Xoan, a sardiña resístese a aparecer.

A escaseza da especie e o incremento da demanda mantiveron os prezos a 7 euros nesta última semana, pero hoxe, a caixa de peixe chegou a acadar os 50 euros.

Cumprir coa tradición resulta ás veces caro. É o que está acontecendo nos últimos anos coa festa de San Xoán na que os que queren comer sardiña deben pagala a un prezo moi superior ó normal.

A escaseza da especie, que cada vez chega máis tarde a augas galegas, e a maior demanda incrementa considerablemente os prezos.

O xurel segue a ser o meior substituto da especie. Cotiza á alza tamén, a pesar de ter uns prezos máis baixos que os da sardiña, pero o máis importante e que hai cantidade.

Entre os compradores hai ganas de sardiña pero son poucos os que están dispostos a mercala ó dobre do que custa habitualmente. Sen en embargo, hai quen non renuncia a facer sardiñada para celebrar a noite máis curta do ano, custe o que custe.

Dende o concello de Ribeira aseguran que foron 160 as persoas que xa pediron solicitude para as fogueiras.
As meigas non terán cabida nesta festa na que os veciños sairán a disfrutar.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.