Galicia

Portos de Galicia destaca no Salón Náutico de París o enclave estratéxico da Comunidade nas rutas de navegación entre Francia e o Mediterráneo

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, aposta pola promoción e optimización da situación xeográfica do noso litoral para establecelo como escala estratéxica nas rutas de navegación entre Francia e Gran Bretaña e o sur de Europa, o Mediterráneo e Marrocos.

Así o está a destacar o presidente do ente público, José Juan Durán, nos diversos encontros de traballo que mantén estes días no Salón Náutico de París que se celebra ao longo desta semana na capital francesa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.