Ribeira acollerá o día dous se xullo a primeira xuntanza do grupo local para a Ría de Arousa e Muros Noia co obxectivo de analizar os problemas de produción marisqueira, trece para os de saneamento das augas e nove para os de furtivismo. Estes novos entes serán os encargados de solicitar datos, localizar aqueles aspectos que estean a funcionar mal e propor solucións locais e, polo tanto, máis específicas e axustadas á situación real de cada zona.
Así se confirmou esta xuntanza o pasado sábado nunha reunión á que os patróns maiores da comarca do Barbanza asistiron Federación Galega de Cofradías para estudar o Novo Plan de Acción do Marisqueo.
Diagnosticar os problemas e necesidades desde o ámbito o máis local posible para poder pór en marcha soluciones máis eficaces e rápidas. Esa é, en resumo, a filosofía coa que se concibiu o novo Plan de Acción no Marisqueo, que onte puxeron en marcha a Federación Galega de Confrarías e a Consellería do Medio Rural e do Mar. O obxectivo é investir a alarmante tendencia á baixa da produción nos últimos anos e poder así non só incrementar os ingresos dos mariscadores, senón poder tamén xerar novos empregos no sector.
O patrón maior de Ribeira aproveitou a ocación para anunciar que o vindeiro día 1 de xullo remata a veda da nécora e o do polbo co fin de aumentar as ventas grazas ao turismo. Un verán que dende a cofradía se augura positivo.
RIBEIRA acollerá a 1º XUNTANZA do grupo que se enmarca no novo PLAN DE ACCIÓN DO MARISQUEO
Please login to join discussion