A Xunta vén de resolver a cuarta edición do programa Conecta Peme que, nesta convocatoria na comarca do Barbanza financiará 5 proxectos cun investimento público de 722.000 que suporán un investimento total de 1,1M€.
O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou, esta mañá, as instalacións de Ecoplas Barbanza, unha das beneficiarias destas axudas para informar sobre as mesmas. Esta empresa ten como obxecto o desenvolvemento de tecnoloxías flexibles para a fabricación aditiva de compoñentes con altos requirimentos baseados en composites temoplásticos.