Galicia

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego a partir desta tarde

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará esta mesma tarde e que afectará a todo o litoral galego.
https://www.youtube.com/watch?v=2GR-v9hali4
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o nivel laranxa comezará esta tarde no litoral oeste da Coruña. Durante a madrugada do xoves, estenderase ao suroeste da Coruña, Pontevedra e Lugo e xa nas primeiras horas da mañá chegará á zona noroeste da Coruña. En todos os casos, agárdase mar combinada do oeste con ondas de 5 a 6 metros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.