O Centro Cultural Lustres Rivas conta dende a noite de onte cunha nova exposición, formada polas 28 obras seleccionadas de entre as participantes na X Bienal de Pintura do Eixo Atlántico: unha iniciativa que aglutina artistas de Galicia e o norte de Portugal.
Cómpre destacar que Ribeira é o único municipio das provincias atlánticas de Galicia (A Coruña e Pontevedra) na que se terá oportunidade de contemplar a mostra, tal e como explicou onte no acto inaugural o alcalde Manuel Ruiz.
Numerosas persoas achegáronse ata a instalación municipal para presenciar este acto, que tamén contou coa intervención previa da concelleira de Cultura Elvira Pisos. Cada asistente tivo oportunidade de recoller un catálogo da mostra, que recolle todas e cada unha das pinturas elaboradas con diferentes técnicas que se poden contemplar.
http://youtu.be/ZgIE_fH6MxA