O mar estaba demasiado tranquilo para a celebración da Regata Congalsa foi por iso que a saída da nova edición da volta a Sálvora-Regata Congalsa tivo que ser posposta.
O horario oficial fixaba as 14.00 horas para iniciar a proba, pero non puido ser ata as 16.45, e aproveitando o vento que se levantou nese momento, cando os trece veleiros inscritos tomaron rumbo á popular illa do parque Illas Atlánticas. Ao final, o Corsario foi primeiro ao entrar en meta sobre as 19.00 horas, impóndose tamén na clase regata a pesar da condicións climatolóxicas.
O percorrido foi practicamente o mesmo que o anunciado nos días previos. É dicir, 17 millas de trazado que levou aos veleiros a dar a volta a Sálvora para regresar logo a porto previo paso polo illote da Rúa.
Ademais dos barcos que son da ría de Arousa, e que formaban o groso da flota, hai que destacar a presenza de dous representantes dos náuticos de Portosín, na veciña ría de Muros-Noia, e de Beluso, na de Pontevedra.
O CORSARIO é o gañador da SÁLVORA-REGATA CONGALSA
Please login to join discussion