Galicia

A Xunta insta a rematar coas discriminacións da muller no sector pesqueiro e acadar a igualdade efectiva entre sexos

A Xunta seguirá a traballar para acabar coa discriminación da muller no sector marítimo-pesqueiro e garantir que as profesionais das distintas ramas de actividade contan con iguais soldos, dereitos, prestacións e seguros que os homes.

Así o asegurou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a inauguración da xornada O papel da muller no sector marítimo-pesqueiro: Unha oportunidade de desenvolvemento profesional, na que apostou por avanzar na promoción de accións encamiñadas a recoñecer a cualificación da muller e aumentar a súa formación.
titular de Mar incidiu en que o Executivo galego leva “máis de 25 anos traballando pola profesionalización e o recoñecemento dos dereitos da muller do mar”, o que permitiu facer visible o seu papel e aumentar a conciencia social sobre a importancia da súa contribución ao sector.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.