O porto de Ribeira será o sábado a capital da vela da ría de Arousa co gallo da disputa dunha nova edición da volta a Sálvora-Regata Congalsa. A proba foi presentada onte nas instalacións do Náutico de Santa Uxía, entidade organizadora. O presidente do club, José Luis Torres Colomer, sinalou que esta edición será a que maior número de embarcacións concentre de todas as disputadas. Segundo comentou, espérase que tomen a saída ao redor de vinte embarcacións procedentes de diversos puntos da ría e doutras zonas.
Torres Colomer non quixo deixar pasar a oportunidade para agradecer á empresa Congalsa o patrocinio dunha proba, «moi bonita e aberta a todos os barcos de clase crucero, menos os máis pequenos, por motivos e seguridade».
O dirixente da entidade sinalou que hai previstos tres percorridos. Os dous primeiros de 17 millas cada un e o terceiro un barlovento-sotavento.
A saída dos participantes está prevista para as dúas da tarde e prevese que as primeiras unidades comecen a arribar a posto sobre as 19.00 horas, aínda que dependerá das condicións meteorolóxicas. As dúas primeiras alternativas teñen que chegar a Sálvora e regresar a porto .
O acto da posta de longo da proba contou coa presenza do director xeral de Congalsa, Luis Simarro, e vicepresidente do Náutico. O representante da firma comercial comentou que era unha satisfacción para a súa empresa patrocinar unha proba que, «aos poucos foise consolidando como unha regata de referencia na comarca».
https://www.youtube.com/watch?v=vHhQs6SL–o