Xunta de Galicia

Educación e o Consello de Contas colaborarán para fomentar a cultura da integridade e o comportamento ético no alumnado

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e mais o conselleiro Maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo, asinaron hoxe un convenio de colaboración para concienciar e sensibilizar o alumnado na cultura da integridade.
https://www.youtube.com/watch?v=leUqTTHLp8o
O obxectivo é formar os estudantes na necesidade de adoptar un comportamento e valores éticos, dado que é na idade escolar onde se poden aplicar estratexias máis efectivas neste sentido. Ao tempo, favorécese o desenvolvemento das competencias clave relacionadas coa cidadanía activa e responsable, así como o fortalecemento dos valores democráticos europeos.
O convenio desenvolverase a través da elaboración dunha unidade didáctica sobre a cultura da integridade e o comportamento ético da sociedade civil nas súas relacións cos poderes públicos, que se incluirá nas materias de Valores Democráticos Europeos (1º e 2º de ESO), Economía (4º de ESO), Economía (1º de Bacharelato) e Economía da Empresa (2º de Bacharelato). Os centros educativos comezarán a traballar con esta unidade no curso 2019/20.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.