O guitarrista local Fernando Pérez Fernández ofrecerá este sábado 20 de xuño un concerto no auditorio da Casa da Cultura de Lousame no que presentará o seu primeiro traballo discográfico “Feel past fret: unha viaxe polas emocións guitarrísticas” e no que contará coa colaboración da Banda Xuvenil de Lousame. O concerto dará comezo ás 19:30 horas e a entrada é totalmente libre e de balde.
Así, os veciños e veciñas de Lousame terán a oportunidade de escoitar un repertorio musical moi variado, dende o Renacemento ata os nosos días, pasando polo Barroco, o Clasicismo e o Romanticismo. Unhas pezas que serán interpretadas a través de instrumentos orixinais da época como a vihuela, a guitarra barroca ou a guitarra clásico-romántica, ademais da guitarra actual.
https://www.youtube.com/watch?v=bDttB-IKV44