O Concello de Noia vén de instalar dúas caldeiras de biomasa no Coliseo Noela e no Conservatorio Municipal de Noia, nas que investiu preto de 110.00 euros.
Un investimento financiado grazas a unha subvención concedida polo Instituto Enerxético de Galicia, no marco do programa operativo FEDER-Galicia 2014/2020.
Tras os traballos realizados ao longo das últimas semanas, ambas caldeiras están xa a disposición tanto do alumnado do conservatorio Felipe Paz Carbajal como dos usuarios e usuarios do Coliseo Noela.


