O delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, reuniuse esta mañá co alcalde de Noia, Santiago Freire e coa alcaldesa de Serra de Outes, Beatriz Molinos para presentarlles o proxecto, que hoxe mesmo se licitou, de renovación e mellora da Ponte Ceilán na AC-550 (Cee-Ribeira) sobre o río Tambre, no límite entre os concellos de Outes e Noia.
A actuación que conta cun orzamento inicial de 204,000 euros contempla a substitución das varandas das dúas marxes da ponte, que se atopan deterioradas, para mellorar a seguridade dos peóns. O delegado territorial sinalou que “estas obras permitirán aos viandantes transitar pola ponte con moita máis seguridade e contribuirán a embelecer o entorno”.