Sin categoría

Arrancan as OBRAS para dotar de saneamento ao LUGAR DE TEIRA EN CORRUBEDO

Dende o Concello de Ribeira informan hoxe do inicio dunha nova actuación dirixida á instalación de rede de saneamento ao lugar de Teira, situado na parroquia de Corrubedo.

A empresa Nemesio Ordóñez é a entidade encargada da obra, cuxo orzamento que ascende a 185.130 euros, IVE incluído.

O lugar de Teira actualmente carece de calquera tipo de rede de saneamento.

A través duns colectores conduciranse as augas fecais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, no que se implantará un bombeo. Dende alí se impulsarán a través dunha rede de polietileno de alta densidade ata a súa conexión coa rede xeral, que desemboca na EDAR de Corrubedo.

Todas as canalizacións irán soterradas en zanxa.

O prazo de execución da actuación é de catro meses.

Salir de la versión móvil