Xunta de Galicia

Feijóo salienta que o investimento da Comunidade en I+D medrou o pasado ano un 13,3%, máis do dobre que en España, ata rozar os 571 millóns

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o investimento da Comunidade en I+D medrou o pasado ano un 13,3%, máis do dobre que en España (un 6%), ata rozar os 571 millóns de euros.

Ademais de ser a segunda autonomía onde máis creceu o gasto neste eido e de aumentar tamén nun 9,6% -ata as 10.266 persoas- o número de traballadores que se dedican a este sector. Uns datos que, segundo salientou, avalan o aumento progresivo que está a rexistrar o orzamento da Axencia Galega de Innovación, que suma seis anos de ascensos e hoxe é un 87,4% superior ao de 2013.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.