Icono del sitio CanalBarbanza.com

Medio Ambiente inicia mañá os traballos para a eliminación de cinco puntos de vertido incontrolado no concello de Outes

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inicia mañá os traballos para a eliminación de cinco puntos de vertido incontrolado (PVI) no Concello de Outes (A Coruña) cun custo estimado de case 15.000 euros.
Cartel de YouTube
Esta nova actuación forma parte dunha campaña continuada da Xunta para identificar e erradicar estes focos, nos que se van acumulando residuos sólidos de distinta natureza co prexuízo que isto ocasiona para a contorna desde un punto de vista ambiental e estético.

Salir de la versión móvil