O BNG DE BOIRO presentará as novas propostas nunha asamblea aberta á cidadanía este venres NA CACHADA

O BNG de Boiro celebrará o venres día 19 de xuño unha nova Asamblea Aberta á cidadanía co fin de debatir os temas de interese dos veciños.
O evento terá lugar ás 20.30 horas e será no parque da Cachada.

Entre os diferentes temas farase unha valoración do Traballo feito ata o de agora e presentaranse as novas propostas de cara ao futuro.

Este proceso democrático deu comezo no mes de outubro do pasado ano 2014. Raquel Suárez insiste en que se seguirá a celebrar, pois é un proceso con continuidade no tempo e que non foi pensado unicamente para as eleccións municipais.
Dende o BNG queren convidar a tódolos veciños a esta xuntanza na que se chegan a reunir arredor de 60 persoas en cada celebración.

https://www.youtube.com/watch?v=Ah8ewTkRY1Q

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.