Ás doce e media desta mañá na Sala de Xuntas do Concello da Pobra do Caramiñal tivo lugar unha rolda de prensa para falar da remodelación e acondicionamento do parque infantil de Venecia.
O acto foi presidido por Isaac Macearas, o alcalde do municipio, o concelleiro de Servizos, Andrés Millán e o arquitecto encargado do deseño do parque, Héctor Muñiz, quen explicou as fases que se levarán a cabo para a remodelación.
http://youtu.be/P0J-0CW-m4M