O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou na súa visita ás instalacións de D-Due en Rianxo xunto co presidente da compañía xaponesa HP France, Takanao Muramatsu, e na que tamén participou a creadora e deseñadora Charo Froján, a aposta desta empresa galega do sector téxtil pola calidade e o deseño como clave para o seu crecemento no mercado internacional.
Tal e como destacou o conselleiro, a colaboración de D-Due con HP France, que se espera reforzar con esta visita, ten permitido á compañía rianxeira xurdida dun pequeno taller familiar incrementar nun 30% as súas vendas ao exterior. Neste sentido, Froján resaltou que D-Due, cuxas prendas se caracterizan pola súa confección artesanal, leva cinco anos traballando xunto a HP France, polo que a visita do seu presidente supón para eles unha gran oportunidade para fortalecer a súa presenza no mercado xaponés, así como para xerar grandes expectativas no mercado estadounidense.
https://www.youtube.com/watch?v=1aaRxxQ6yTo