O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, ratificou onte a aposta da Xunta por seguir baixando impostos e, nesta liña, avanzou a aprobación no vindeiro Consello da Xunta dunha nova reducción dos valores medios que gravan os bens inmobles urbanos. Deste xeito, ás rebaixas aprobadas nos últimos anos sumarase outra nova, que volverá a reducir os impostos sobre os bens inmobles, tanto intervivos como mortis causa.
Con esta iniciativa, Feijóo constatou deste xeito que a baixada de impostos é a liña que seguiu neste últimos anos e seguirá o Goberno galego.
Durante o III Foro Peme Galicia ‘Realidades e Retos das Pemes’ e a entrega dos Premios Mi Negocio 2015, subliñou que un dos principais pesos, e por tanto, un dos principais méritos da recuperación lévano persoas como os participantes nestes dous actos.
Ademais de referirse ao papel das pemes na recuperación económica, ao longo do seu discurso, Feijóo reflexionou tamén sobre o papel que as administracións deben ter neste contexto. E, sobre este punto afirmou que o Goberno galego sigue avogando por unha Galicia segura.
FEIJÓO anuncia unha redución de impostos sobre os bens inmobles
Please login to join discussion