O polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra de Lousame acollerá mañá mércores 17 de xuño, ás 20:00 horas, a presentación dunha nova modalidade deportiva no municipio: a marcha nórdica. Unha clase práctica totalmente gratuíta e aberta a calquera veciño e veciña que desexe participar, xa que non é preciso inscribirse previamente e o único requisito é ter doce ou máis anos.
Esta sesión práctica está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Lousame e será impartida por Ricardo Angueira Vázquez, da Asociación Marcha Nórdica Galicia. A camiñata nórdica ou marcha nórdica é un deporte de resistencia e un xeito de exercicio ao aire libre que consiste en camiñar coa axuda de bastóns similares aos usados no esquí.
https://www.youtube.com/watch?v=FEi7Aai-lLY