Xunta de Galicia

Feijóo destaca que a Oferta de Emprego Público para 2018 ascenderá a 5.686 prazas, a maior desde 2008

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello que a oferta de emprego público para 2018 ascenderá a 5.686 prazas, nos ámbitos da sanidade, da educación, dos servizos sociais e da Administración xeral, la mayor desde 2008.

Logo de precisar que esta oferta será presentada ás organización sindicais, co obxectivo de aprobar os correspondentes decretos de ofertas de emprego público antes de que remate o ano, Feijóo resaltou que, do total da oferta, 2.175 prazas correspóndense co ámbito da Administración xeral, o que permitirá reforzar eidos prioritarios como os servizos sociais, a loita contra a fraude fiscal, o asesoramento xurídico ou os servizos xerais e de administración, así como estabilizar o emprego temporal.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.