A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou esta tarde no Parlamento o papel da muller no eido marítimo-pesqueiro e en concreto nos cabidos e xuntas xerais das confrarías de pescadores, nos que, tralas eleccións unificadas celebradas no mes de setembro, a súa presenza incrementou nun 56%, pasando de 200 mulleres no 2014 a 350 no 2018.
Neste sentido, sinalou que “a figura da muller do mar está consolidada e que ten unha voz máis forte que nunca nos órganos representativos decisorios e consultivos do sector”. Ademais a conselleira expuxo a figura feminina representa o 5% do sector da pesca extractiva, con preto de 500 mulleres, e o 25% do sector acuicultor, con aproximadamente 1.500 mulleres.