Dende o día 13 de xuño os distintos concellos da comarca do Barbanza xa conta con novos alcaldes.
Xose Lois Piñeiro, máximo representante de Nós Ponbra estrénase como novo alcalde no Caramiñal e arreda aos populares do mandato local. A Piñeiro espéranlle catro anos de gobero en minoría. Os integrantes deste novo partido xa comezaron a organizar grupos de traballo, botando man dos integrantes da asamblea, para que sirvan de apoio aos catro concelleiros.
En Ribeira, Manuel Ruíz volverá a ser alcalde os vindeiros catro anos. Pero algo cambiará no goberno dos populares, xa que, como Nós Pobra, rexirán en minoría. Se ben é certo, o día da toma de posesión, o alcalde convidou aos grupos da oposición a entrar no goberno para poder así conseguir un ejecutivo estable.
En Rianxo, Adolfo Muíños volve a confiar nos socialistas. Un legislatura máis en mans dos nacionalistas Galegos.
Os populares de Boiro volven investir unha vez máis o goberno local a mans de Juan José Dieste, que obtivo de novo a maioría absoluta nas pasadas eleccións do 24 de maio.
En Dodro, os populares volován a gobernar con tranquilidade e o máximo representante volverá a ser Valentín Alfonsín.
https://www.youtube.com/watch?v=J3hWhykjoIM