Na comarca de Muros-Noia son tres os alcaldes populares que volven a gobernar en maioría absoluta.
Carlos López Crespo volve a coller o bastón de mando e consolídase así como o mandatario máis veterano da comarca.
Os lousamianos volveron a reelexir a Teresa como mandataria local na súa cita coas urnas o 24 de maio. A pesar de gobernar na anterior legislatura, estas foron as súas primeira eleccións como candidata á alcaldía.
En Porto do Son, Luís Oujo toma posesións da chave do concello durante os vindeiros catro anos.
Quizáis a toma de posesión menos esperada se deu esta vez no concello de Muros, tal é así que a nova rexidora non tiña preparado nin o discurso para o momento clave. María Xosé Alfonso, á cabeza de Compromiso por Galicia, puxo un punto e final ao goberno de Caridade. Gobernará en minoría, pois a nova alcaldesa prefire negociar e firmar acordos puntuais coas distintas formacións en función das similitudes dos programas.
En Noia os socialistas volven a tomar posesión ao facer coalición co BNG e con Marea co fin de arredar a Freire do mandato local.
En Carnota, Ramón Noceda acada un goberno en maioría absoluta despois de catro anos gobernando en minoría.
Compromiso acaba co goberno dos SOCIALISTAS en MUROS e o PP segue a gobernar en maioría en tres concellos da comarca
Please login to join discussion