Unha carreira con carácter social foi a que se disputou esta fin de semana en Ribeira. Case douscentos atletas con discapacidade intelectual chegados de diferentes puntos de Galicia completaron diferentes percorridos en función das categorías cun obxectivo: romper as barreiras e demostrar que o deporte está ao alcance de todos.
Os xogos, organizados por Special Olympics Galicia e AMICOS foron todo un éxito.
A súa presidenta, Esther Vidal, mostrábase moi satisfeita ao termo da xornada. A chuvia cesou e os atletas disfrutaron dun pleno día de deporte
Para ver os distintos maratóns apostáronse a ambos os dous lados do dique de Santa Uxía moitos veciños da comarca, entre eles, tres alcaldes: Manuel Ruiz Rivas, Juan José Dieste e Xosé Lois Piñeiro, que se estreaba como rexedor pobrense tras facerse o sábado co bastón de mando.