Icono del sitio CanalBarbanza.com

O Faro de Corrubedo reforza o seu atractivo turístico tras as melloras de accesibilidade impulsadas por Cultura e Turismo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe o resultado dos traballos de mellora da accesibilidade ao Faro de Corrubedo, que foron posibles grazas a unha subvención concedida pola Consellería de Cultura e Turismo ao Concello de Ribeira dentro da liña de axudas para o fomento da accesibilidade e sinalización turística nos recursos dos concellos galegos.
Cartel de YouTube
Os traballos -para os que a Xunta achegou 45.000 euros- permitiron reforzar o atractivo turístico do faro ao mellorar os accesos desde Portoalto ampliándose a beirarrúa actual e mudando o pavimento para facilitar o acceso peonil de veciños e turistas, ao mesmo tempo que se fomenta a conservación deste valioso recurso do municipio.

Salir de la versión móvil