16 persoas asistirán a un curso de supervivencia organizado por Natural Outdoor Experience, coa colaboración de Arousa Norte e o Concello de Ribeira.
Os asistentes terán a oportunidade de aprender interesantes coñecementos adaptados ás características do medio natural da zona, como por exemplo facer un vivac, utilización de plantas ou escalada.
Este curso será impartido polo prestixioso experto e director da Escola de Supervivencia de Madrid, Jaime Barallo.
Un home que leva 15 anos de guía profesional, con máis de 200 expedicións a puntos de todo o globo terráqueo, como Groenlandia, o Sahara, o Himalaya ou o Alto Orinoco e o río Casiquiare, que descendeu nunha balsa de troncos.
A acción formativa foi presentada hoxe nun acto no que estiveron presentes o propio aventureiro, Álex Vidal, Eduardo Iglesias e a edil Dolores Elorduy.
Jaime Barrallo quixo desmitificar a idea que en torno á supervivencia está máis estendida, á que describiu como “realitys con guión que tienen muy poco que ver con la realidad”.
O Centro de Interpretación de San Roque será o escenario do primeiro curso con estas características. Alí explicaranse os aspectos teóricos, en tanto que a parte práctica espallarase por distintas localizacións, como San Alberte, Sirves, Xenxides ou Axeitos.
https://www.youtube.com/watch?v=p7Yy2xHqqUQ