Máis de medio cento de veciños e veciñas de Lousame asistiron o venres a unha charla sobre redes sociais e ciberseguridade, impartida por un membro da Garda Civil de Boiro dentro do Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas.
Unha charla que foi presentada pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo. A alcaldesa de Lousame destacou a importancia de coñecer o funcionamento das redes sociais para navegar con seguridade.