A só unhas horas do que vai ser unha reunión clave para os integrantes do novo club de surf H2O, con sede no areal de Balieiros, en Corrubedo, Alex Sebastián e Daniel Rodríguez, directivos da entidade, explicaban esta mañá como foi o arranque da escola “Grip” de Surf que nace para levar a cabo a labor de difusión dos deportes acuáticos como son o surf, bodyboard e paddleboard.
Os surfistas incidiron na importancia da reunión que se celebrará na tarde de mañá.
Un centro que xa conta con monitores titulados pola International Surf Association e pola Federación Española de Surf.
A nova escola que arrincou o pasado sábado 6 de xuño xa presume de contar con dous grupos de alumnos. Un orientado aos máis pequenos e otro para persoas de avanzada idade.
Alex Sebastián insistiu en que a pesar de que a sede estea en Balieiros as clases realizaránse en distintos puntos do municipio.
Daniel Rodríguez, encargado da sección de competición dentro do clube asegura que se trata dunha iniciativa que nace co fin de traer a Ribeira o estilo de vida dun surfista e non só na práctica deportiva, senón que tamén os valores de respecto medioambiental e sostenibilidade. Con este fin, tanto a escola como o clube cooperarán na limpeza de praias.
A entidade tamén ten a intención de aportar o seu gran de area para ter unha sociedade máis igualitaria, para isto levarán a cabo unha obra social destinada a integración social e a axuda aos discapacitados.
https://www.youtube.com/watch?v=09HazBrhULY