Xa está todo preparado para o IX CAMPUS DE FÚTBOL BASE

Un ano máis as empresas asentadas no parque empresarial da Tomada patrocinarán o campus de fútbol base que organiza o Puebla Fútbol Club e que esta ano chega á súa novena edición.

O campus desenvolverase do 29 de xuño ao 10 de xullo no campo Municipal de Cadreche e nel poderán tomar parte rapaces de idades comprendidas entre os catro
e os dezaseis anos.

Ó longo das distintas xornadas desenvolveranse diversas actividades lúdico-educativas, en combinación coa ensinanza técnica e a convivencia con outros nenos, a través da práctica do fútbol como ben explicou o propio director deportivo do campus.

As inscricións poden realizarse ata o vindeiro 26 de xuño nas propias oficinas da concellería de Deportes na casa de cultura Raquel Fernández Soler.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.