Lousame

O mago Albert de Ribadavia presentará mañá sábado o seu espectáculo “O buhonero” no III Festimaxia de Lousame

A Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá sábado 17 de novembro, ás 18:00 horas, a actuación do mago Albert de Ribadavia, que presentará o seu show “O buhonero”.

Trátase dun espectáculo baseado no oficio dos buhoneros, dirixido a todos os públicos e no que a participación das persoas asistentes será moi importante, conformando un show de maxia interactivo. A entrada é libre e de balde.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.