Dez empresas optan á licitación do proxecto de mellora, reurbanización e humanización da estrada AC-311, no concello de Noia.
Unha obra que está a ser licitada pola Axencia Galega de Infraestruturas por un prezo de 267.967,58 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 4 meses.
O alcalde de Noia, Santiago Freire, amósase moi satisfeito porque “é unha obra moi demandada pola veciñanza e suporá unha reordenación e unha configuración máis urbana e humanizada para o barrio de San Bernardo, unha das entradas á vila”.
Dez empresas optan á licitación do proxecto de humanización do barrio de San Bernardo, en Noia, que sae a licitación por case 268.000 euros


