Xunta de Galicia

Feijóo destaca que a fase da obra de ampliación do Hospital público da Mariña permite aumentar 6.000 metros cadrados a súa superficie, un 33% máis

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou que a fase da obra de ampliación do Hospital Público da Mariña permite aumentar 6.000 metros cadrados a súa superficie sobre os 17.600 xa existentes, un 33% máis.

Logo de lembrar que tras a ampliación da carteira de servizos o obxectivo era dotar este hospital público dunhas instalacións con espazos amplos e cómodos tanto para os pacientes como para os traballadores, Feijóo precisou que o investimento desta primeira fase chegará aos 10,5 millóns de euros, ademais dos dous millóns de euros destinados a equipamento. Durante unha visita ás novas instalacións, o responsable do Goberno galego aseverou que con esta primeira obra o hospital consegue mellores espazos asistenciais destinados á hospitalización das áreas cirúrxicas. Ademais da mellora no espazo do hospital de día onco-hematolóxico, que pasará de dispoñer 120 a 270 metros cadrados para albergar os 13 postos de tratamento.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.