Deportes

A Deputación da Coruña distribuíu 1.000 entradas para o Trofeo Teresa Herrera entre as escolas de fútbol base da provincia

A Deputación da Coruña distribuíu entre os concellos da provincia un total de 1.000 entradas para asistir ao Trofeo Teresa Herrera, que mañá xoves, a partir das 20.45 h., se disputarán en Riazor o R.C. Deportivo da Coruña e o Athletic Club de Bilbao.

Segundo explica a comunicación enviada dende a área de Deportes que dirixe José García Liñares aos alcaldes da provincia, as entradas van dirixidas a nenos/as federados como practicantes de fútbol base e colectivos desfavorecidos dos municipios coruñeses, que terán a oportunidade de presenciar en directo o decano dos torneos de fútbol españois.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.