Sin categoría

O presidente de portos visitou esta mañá as obras do peirao do son que estarán rematadas en agosto

O alcalde en funcións de Porto do Son e o Presidente de Portos de Galicia, Jose Juan Durán visitaron esta mañá as obras de mellora do abrigo do peirao no que a entidade esta a investir preto dun millón de euros dunha partida de Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

En concreto a actuación consiste na ampliación do actual dique de abrigo en 30 metros en dirección sur-sureste, co fin de mellorar as condicións de seguridade das embarcacións que queden atracadas no interior da dársena. Así mesmo, está xa instalado un pantalán de 39 metros para atraques de 30 embarcacións de 7ª lista na dársena interior do porto.

O proxecto inclúe tamén obras complementarias do dique, como son a canalizacion de alumeado, a instalación dunha varanda de aceiro e escaleiras no morro do dique e barreiras antiturbidez durante a execución das obras.

Oujo mostrou a súa satisfacción polo resultado das obras e comentou as vantaxes que esta nova infraestructura vai traer ao porto sonense.

Esta actuación que conta cun prazo de execución de 10 meses estará rematada no mes de agosto deste ano.

Salir de la versión móvil