Xunta de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelou hoxe á implicación conxunta das asociacións empresariais, dos concellos e da Xunta para que conciliar a vida laboral e familiar sexa cada vez máis doado.

Durante unha visita á escola infantil A Galiña azul A Veigadaña, Feijóo fixo fincapé na importancia de que as empresas se impliquen tanto para investir en escolas infantís como para dar facilidades e flexibilidade ás nais e pais, e de que os concellos se impliquen para que todo aquel que queira construír unha escola infantil non atope atrancos senón todas as facilidades posibles.

Logo de precisar que, con esta nova infraestrutura, Mos incrementa nun 75% o número de prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos , cunha ratio de cobertura do 52%, case 20 puntos por riba do óptimo recomendado pola Unión Europea, Feijóo subliñou que o concello dispón xa de tres Galiñas azuis , ademais dos Bonos Concilia, cos que a Xunta axuda a financiar unha praza nunha escola infantil a quen non dese accedido a unha gardería pública. “E antes de que remate o ano, Mos disporá doutra escola infantil máis neste polígono industrial”, avanzou.
Sobre este punto, o responsable do Executivo autonómico aseverou que a Xunta seguirá impulsando esta liña de axudas, unha iniciativa que xa permitiu impulsar en toda Galicia tres infraestruturas deste tipo en polígonos industriais: unha no do Río do Pozo, en Narón, que xa está funcionando; outra a de Mos, que comezará a funcionar nas vindeiras semanas; e unha terceira no polígono da Tomada, na Pobra do Caramiñal, cuxa apertura está prevista para o vindeiro ano 2019.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.