O PLAN SOCIAL contra a desigualdade beneficiará ás familias en situación de vulnerabilidade

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que, dentro da Estratexia de Inclusión Social, o Plan social contra a desigualdade económica ademais de permitir evitar situacións de pobreza e exclusión social que, de non actuar, se poden acabar producindo; contribuirá a que familias que aínda non perciben a recuperación conten cun impulso para acercarse do xeito máis igualitario posible ás que xa o están notando.

Ante esta situación, e conscientes de que a crise ten aínda consecuencias moi duras para moitas persoas e de que a recuperación que se comeza a ver non se nota aínda en moitos fogares, Feijóo garantiu o esforzo da Xunta para seguir ao carón desas persoas que seguen atrapadas no paro ou en risco de exclusión.

Feijóo salientou que o Plan social contra a desigualdade incorpora distintas medidas que xa se teñen posto en marcha, pero que é preciso aunar nunha única folla de ruta para unificar esforzos e recursos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.