Icono del sitio CanalBarbanza.com

A Xunta vén de adxudicar as obras de mellora de seguridade viaria no acceso ao peirao de Portosín

Estes traballos, cun prazo de execución duns 8 meses, serán realizados pola empresa Nemesio Ordóñez S.A.
Cartel de YouTube
As obras realizaranse nunha zona clave no concello de Porto do Son e do núcleo de Portosín, polo elevado tránsito de vehículos pesados que acceden ao porto e o incremento significativo do tráfico en verán. E a actuación iniciarase este mesmo ano, para tela rematada o vindeiro verán do 2019.

Esta nova intervención acométese atendendo ás demandas dos veciños, nun punto, onde conflúen o propio acceso ao peirao pola Travesía da Igrexa, a estrada autonómica AC-550, e a Avenida da Constitución, que está identificado como un treito de concentración de accidentes (TCA) e incluído dentro da estratexia da Xunta para eliminar todos os puntos negros das estradas autonómicas.

Salir de la versión móvil