300 persoas participarán no 17 º MARATÓN URBANO SPECIAL OLYMPICS que se disùtará en RIBEIRA

Ribeira acollerá esta fin de semana o 17º Maratón Autonómico Urbano Special Olympics Galicia no que participarán un total de 17 asociacións comprometidas coa integración das persoas con discapacidade intelectual.
O maratón dará comezo ás 10.45 horas co desfile de deportistas para que a continuación un atleta de Amicos lea o lema da actividade: “Quero gañar, máis se non acado, deixádeme ser valente no intento”.
As carreiras principiarán ás 12 horas, establecéndose tres niveis de competición en función dos coñecementos que os deportistas teñen das regras, así como das súas capacidades físicas
Xosé Luis Queiruga incidiu na crucial importancia que teñen este tipo de eventos para dotar de visibilidade ás persoas con discapacidade intelectual e obter deste xeito unha maior concienciación entre a sociedade.
En total, máis de 300 persoas involucraranse na iniciativa, entre atletas, adestradores, voluntarios e integrantes da organización. Deles, 182 serán deportistas.

https://www.youtube.com/watch?v=d7q5ShZpXbI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.