Ribeira

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda iniciou hoxe os traballos para a eliminación de sete puntos de vertido incontrolado no Concello de Ribeira cun custo estimado en algo máis de 20.000 euros.

Esta nova actuación forma parte dunha campaña continuada da Xunta para identificar e erradicar estes focos, nos que se van acumulando residuos sólidos de distinta natureza co prexuízo que ocasiona para a contorna desde un punto de vista ambiental e estético.
https://www.youtube.com/watch?v=9_eW9WuZh1c

No caso concreto de Ribeira, estes traballos súmanse aos xa realizados en anos anteriores. Concretamente, en 2014 emendáronse neste municipio un total de 16 puntos de vertido incontrolados cun custo de 23.783,98 euros e no ano 2015 procedeuse á eliminación doutros 13 vertedoiros nos que se investiron en total 36.437,4 euros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.