LOUSAME acollerá xornadas musicais esta fin de semana e a seguinte

Unha fin de semana musical é a que lle espera a Lousame pois ás 20.00 horas deste sábado os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música ofrecerán un concerto no auditorio da Casa da Cultura.

A entrada será libre e de balde.

Tamén, o vindeiro sábado día 20 de xuño, ás 19:30 horas queda o concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música de Lousame, no que actuarán a Banda Xuvenil de Lousame e o guitarrista Fernando Pérez Fernández, guitarrista nado en Lousame que presentará pezas do seu primeiro traballo discográfico “Feel past fret: unha viaxe polas emocións guitarrísticas”.

Neste concerto de Fernando Pérez Fernández, os veciños e veciñas de Lousame poderán escoitar música que vai dende o Renacemento ata os nosos días, pasando polo Barroco, o Clasicismo e o Romanticismo, que serán interpretadas a través de instrumentos orixinais da época.

https://www.youtube.com/watch?v=63r5ILalLEE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.