Emilio Queiruga, que en tres ocasións foi o socio da confraría que máis apoio tivo para converterse en patrón maior de Porto do Son, aceptou o cargo nas eleccións do pasado setembro.
Queiruga asegura que seguirá a estela de Tomás Fajardo, o anterior patrón maior, e que ten en mente varias iniciativas, como unha fábrica de xeo e levar a cabo cursos de formación para a formar a xente xove no mundo da pesca.
O patrón maior comentou que hai barcos do cerco de Ribeira e Aguiño que pediron amarrar no peirao sonense e tamén o poderían facer outras embarcacións da Costa da Morte cando se atopen traballando na zona.