Xunta de Galicia

Feijóo avanza a aprobación este mes das liñas xerais do Plan de transporte público de Galicia para deseñar a Rede de autobús da vindeira década máis útil, máis eficiente e máis sustentable

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que este mesmo mes de novembro, o Consello da Xunta aprobará as liñas xerais do Plan de transporte público de Galicia, que deseñará a rede de autobús da vindeira década sobre a base dun exhaustivo traballo de campo e dunha análise da realidade actual territorial da Comunidade, de cara a configurar un transporte público máis útil, máis eficiente e máis sustentable.
https://www.youtube.com/watch?v=Da5_hugMpZw
Así mesmo, expresou a importancia de que este plan se converta nunha oportunidade para a modernización dunha flota de máis de 3000 autobuses, lembrando que o vindeiro ano 2019 finaliza a vixencia de todas as concesións de transporte regular interurbano da Comunidade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.