“AMICOS” e a xunta loitan pola igualdade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá xunto coa presidenta da Asociación de Familias de persoas con Discapacidade Psíquica, Mª Esther Vidal Rodríguez, e o alcalde de Boiro, Juan José Dieste Ortigueira, a Asociación de familias de persoas con discapacidade intelectual (AMICOS).

A Vicepresidencia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, colabora dende 2009 coa asociación ao abeiro da orde de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes.

No marco desta liña de axudas, a Administración achegou á asociación nestes últimos anos unha contía próxima aos 65.000 euros para o financiamento de programas de recursos integrais para mulleres e programas de mantemento de centros e investimento.

AMICOS naceu no ano 2000, avalada por un grupo de pais e nais promovidos pola necesidade de crear un centro que atendese as necesidades dos seus fillos/as con minusvalías intelectuais. A día de hoxe, conta con 150 socio/as e atenden diariamente 74 persoas da provincia da Coruña, das cales máis de 50 son mulleres.

https://www.youtube.com/watch?v=3lSmQ7viRk8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.