Unha nova edición da NOITE ABERTA chega ao BARBANZA

Un evento agardado con impaciencia tanto polos comerciantes como polos clientes.

Nesta edición participan preto de 40 comercios que abrirán ata as 24 horas da noite e todos realizarán descontos durante todo o día.

Ademais dos descontos tamén se levarán a cabo actividades de animación e musicais nas rúas de Boiro.

Na praza do concello estará instalado un circuíto de karts e na rúa Pablo Iglesias unha táboa de surf mecánica as que soamente se pode acceder coas invitacións que entregarán as tendas participantes durante todo o día.

No tocante a actividades musicais contarán coa actuación do grupo itinerante Ponmeunkinto e os grupos de baile e música tradicional Xilbarbeira e Ballet Folclórico Boirense.

Os comercios participantes estarán sinalizados con carteis informativos, entregarán caramelos e bolsas reutilizables e como novidade tamén tikets de aparcamento gratuítos para que os clientes poidan estacionar no aparcamento situado nos baixos do concello.

https://www.youtube.com/watch?v=garCBDalDSk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.