FEIJÓO anuncia a ampliación do programa reconduce para evitar desaloxos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, propuxo hoxe aos concellos galegos e as deputacións aunar recursos económicos, oportunidades laborais e vivendas alternativas para evitar os desaloxos por impagamento de alugueiro.

En resposta ás preguntas dos grupos no Pleno da Cámara, Feijóo afirmou que o Goberno galego seguirá a traballar neste eido, ampliando o programa Reconduce -para as familias en situación de desafiuzamento- tamén para os desaloxos por impagamento de alugueiro.

Nesta liña, propuxo aos concellos galegos e ás deputacións poñer á disposición dos cidadáns “todo un conxunto de recursos económicos, técnicos e humanos dispoñibles para que ningunha familia se quede sen vivenda como consecuencia dos problemas económicos”.

O titular do Goberno galego garantiu tamén o compromiso cos máis necesitados, reflectido no incremento dos orzamentos neste eido.

Así mesmo, lembrou a sinatura dun convenio entre a Xunta, o Banco de Alimentos e a Fegamp, por segundo ano consecutivo, para axudar na manutención de familias con menores a cargo no verán.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.